O Rei Kayanja E a Súa Filla
Amana Yunus
Natalie Propa

Fai moito tempo, habia un rei chamado Kayanja. El vivia en un palacio con a raiña e a súa filla, a princesa Apenyo. A princese Apenyo era unha rapaza moi bonita que todos homes querian casar con ela. Pero o rei Kayanja demandaba un dote moi alto pola princesa.

1

Preto do palacio do rei Kayanja vivía un xefe chamado Aludah o Grande. El era chamado "o Grande" porque todos no barrio o obedecían. (¡El era moi violento coas persoas que o desobedecían!) A muller do xefe Aludah tiña morto fai pouco de malaria e el quería casar outra vez.

2

Entón, o xefe gordo e vello foi onde o rei para ofrecerlle un dote pola nova princesa. Mentras os dous homes acordaban o prezo, a doncela Kakembo ouviu a conversación. A docela Kakembo era moi próxima á princesa Apenyo.

3

O xefe Aludah aceptou dar a metade da súa riqueza ao rei Kayanja, incluíndo a agulla, que era tamén parte do dote. As preparacións do matrimonio do xefe Aludah e a princesa Apenyo foron feitas en segredo. O rei sabía que a súa filla non estaría moi feliz coa súa decisión.

4

Unha semana antes do día do matrimonio real, a doncela Kakembo foi falar con Apenyo. "Miña querida princesa, teu pai está organizando teu matrimonio co xefe Aludah, e será a semana vindeira," dixo Kakembo.

5

A princesa Apenyo quedou conmocionada e ao principio non sabía o que facer. Despois ela pensou, "Eu non vou casar co xefe Aludah, ese home gordo e vello. ¡Nunca! Teño que ir falar con Trevor e ver o que podemos facer." Trevor era o mozo da princesa Apenyo.

6

Esa noite Apenyo pulou fora do palacio. Se seu pai descubrir onde ela estaba indo, él quedaría con moita rabia. Ela correu pola selva densa e oscura sobre as pedras e arbustos, ata que ela chegou onde estaba Trevor. Cando chegou a casa del ela estaba moi cansa, con fame e sede.

7

"Meu amor, ¿Por qué ti corriches toda esa distancia e nestas horas da noite?" preguntou Trevor. El trouxe un pouco de auga e deixou ela se reposar. Trevor non podía agardar máis tempo ata ela poder conversar con el.

8

"Miña querida princesa, ¿Cal é o problema?" preguntou Trevor. Apenyo respirou forte e dixo triste, "Meu pai quere que eu case co xefe Aludah o Grande. Pero eu non quero casar con ese home horrible. Trevor, eu quero casar contigo mesmo que sexa pobre. Eu estou pronta para sofrer. Eu che amo."

9

"Pero princesa, eu non teño cartos para pagar o dote, ti sabes que eu son pobre." se lamentou Trevor. Apenyo respondeu, Eu sei, pero a única forma de podermos casar." Ela pensou un momento e dixo, "Imos onde Kategga, o navegante, para atraversar ao outro lado do río. Desa forma, podemos fuxir e meu pai nunca nos encontrará.

10

No palacio, o rei Kayanja descubriu que a Princesa Apenyo tiña desaparecido e ordenou a seus súbditos busca-la en todos os lugares da cidade. Os gardas do rei, soldados e todas as persoas a buscaron, pero non puideron atopar a Princesa Apenyo en ningures. Eles foron ao Rei e lle dixeron que Apenyo non estaba en ningún lugar visto. "Ide a selva e buscade" ordenou o rei Kayanja con moita rabia.

11

Cando a princesa Apenyo e Trevor se apresuraron ao río, nubes negras amontoaron no céo. Unha gran tormenta aproxímabase.

12

Kategga, o navegante, estaba atando seu bote cando eles chegaron. Trevor preguntou a Kategga se podía leva-los na outra beira do río. Kategga rexeitou o pedido, explicando que unha gran tormenta estaba por chegar, e sería moi perigoso para eles.

13

Trevor insistiu e explicou a Kategga porque eles necesitaban atraversar. Puxo suas mans no seu bolso e tirou unha vieiriña para dar a Kategga. Cando Kategga escoitou a historia deles e viu a vieiriña, sentiu pena deles. El aceptou leva-los a través do río a pesar da tormenta.

14

Kategga puxo o bote preto do porto para eles subiren. Despois, el desamarrou o bote do porto e se botaron a andar. Cando o rei Kayanja e o xefe chegaron ao porto, eles viron o bote marcharse coa xove parella. Eles se decataron que estos dous amantes estaban fuxindo.

15

Os ventos fortes deran contra o bote e Kategga non puido controla-lo máis. O rei Kayanja berrou: ¡"Apenyo, por favor, volta! Eu che perdoo, ninguén será punido por isto." Pero foi moi tarde. O bote se derrubou e os tres rapaces cairon nas violentas aguas do rio. Os tres se afogaron. Despois dese día, todos no reino do rei Kayanja poden casar con quen amen, sexan ricos ou pobres.

16
You are free to download, copy, translate or adapt this story and use the illustrations as long as you attribute in the following way:
O Rei Kayanja E a Súa Filla
Author - Amana Yunus
Translation - Jay Valdivia
Illustration - Natalie Propa
Language - Portuguese
Level - Longer paragraphs